Saltar ao contido

Cuarteto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un cuarteto é unha forma musical escrita para catro instrumentos. Unha disposición que tivo moita importancia en diversos períodos da historia da música foi o cuarteto de corda, composto por dous violíns, unha viola e un violoncello. Denomínase tamén cuarteto á estrutura dunha forma en catro movementos similar á sonata clásica.

Esta denominación xeneralízase a múltiples combinacións. No eido da ópera falamos de cuartetos cando catro cantantes actúan xuntos nunha escena.