Comida rápida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Comida rápida (calco lingüístico do inglés fast food) é o nome xenérico dado ao consumo de alimentos que poden ser preparados e servidos nun intervalo pequeno de tempo. Son comercializados desta maneira os bocadillos, pizzas e algúns pasteis, entre outros. Aplícase comunmente á comida vendida en estabelecementos asociados ás grandes redes de alimentación. O mesmo alimento, que por veces é vendido como comida rápida, pode ser consumido en restaurantes, como é o caso dos alimentos citados acima.
O principal movimento organizado de contraposición é o chamado Slow food, e tivo a súa orixe en Italia, no ano de 1986. Os alimentos servidos nas rúas, por vendedores ambulantes, coñecidos tamén como street food, é unha práctica que remonta á antigüidade e ten presenza en practicamente todas as rexións do mundo moderno malia a que pode ser considerada unha forma de Fast food.

