Saltar ao contido

Club de Rugby Santander

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bathco Rugby
NomeClub de Rugby Santander
Alcume(s)Focas
Fundación2007
SedeSantander, España
Estadio(s)La Albericia
Capacidade800 asentos espectadores
PresidenteJuan Pascual Gómez
AdestradorAgustín Rodríguez
Liga(s)División de Honra
2019-2011º
Casa
Na rede
http://www.bathcorugbyclub.com/

O Club de Rugby Santander foi un equipo español de rugby da cidade de Santander, fundado no ano 2007. En 2021 o club foi liquidado. As focas disputaban os seus encontros no estadio de atletismo de La Albericia, de propiedade municipal.

En 2019 o club acadou o ascenso á máxima categoría do rugby español, denominándose Bathco Rugby por razóns de patrocinio. A tempada do seu debut na División de Honra foi a 2019-2020, que se tivo que deter trala xornada 17 por mor da pandemia do COVID. Unha vez que a Federación Española de Rugby decretou que a tempada quedaba suspendida, anunciou a decisión de que o CR Santander non disputaría a eliminatoria de promoción que lle correspondía polo undécimo posto que ocupaba na clasificación, de xeito que acadou a permanencia. Non obstante, en outubro de 2020 o club comunicou que renunciaba a participar na tempada 2020-2021 da División de Honra por non poder facer fronte ós custos económicos.[1] Por ser unha renuncia fora de plazo, o club foi sancionado pola Federación Española co descenso a categoría rexional e unha multa superior a 12.000 euros.[2]

Finalmente o club foi liquidado, e en 2021 os seus membros fundaron un novo club, o Sotileza Rugby Club.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]