Saltar ao contido

Charles Hermite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCharles Hermite

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1822 Editar o valor em Wikidata
Dieuze, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1901 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
París (Francia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse, 6 Editar o valor em Wikidata
192º Presidente Academia francesa das ciencias
1 de xaneiro de 1890 – 31 de decembro de 1890
← Alfred Des Cloizeaux (pt) TraducirPierre Étienne Simon Duchartre (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Politécnica (pt) Traducir (1841–1842)
Liceo Louis-le-Grand (1840–1841)
Lycée Henri-IV Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoÁlxebra, teoría de números, matemáticas, análise matemática, forma quadrática (pt) Traducir, polinómios ortogonais (pt) Traducir e função elíptica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario (1870–1897), profesor universitario (1869–), senior lecturer (en) Traducir (1862–1869), profesor universitario en Francia , matemático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de París (1876–1897)
École Normale Supérieure (1862–1869)
Escola Politécnica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosJules Tannery (pt) Traducir e Mijalko Ciric (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoHenri Poincaré, Thomas Joannes Stieltjes, Marie Georges Humbert (pt) Traducir, Jules Tannery (pt) Traducir, Désiré André (pt) Traducir, Léon Charve (en) Traducir, Mihailo Petrović (pt) Traducir, Charles Émile Picard (pt) Traducir, Léon Charve (en) Traducir, Louis Bourguet (en) Traducir e Désiré André (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesMarcel Alexandre Bertrand (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Hermite-2 Find a Grave: 136472674 Editar o valor em Wikidata

Charles Hermite, nado en Dieuze o 24 de decembro de 1822 e finado en París o 14 de xaneiro de 1901[1] foi un matemático francés que investigou no campo da teoría de números, sobre as formas cuadráticas, polinomios ortogonais e funcións elípticas, e na álxebra. Varias entidades matemáticas chámanse hermitianas[2] na súa honra. Tamén é coñecido pola interpolación polinómica de Hermite.

Foi o primeiro que demostrou que e é un número transcendente e non a raíz dunha ecuación alxébrica ou polinómica con coeficientes racionais. Ferdinand von Lindemann seguiu o seu método para probar a transcendencia de π (1882).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi titular da cátedra de Álxebra superior na Facultade de Ciencias de París, sucedendo a Jean-Marie Duhamel de 1871 a 1898, e profesor de Análise na École polytechnique de 1869 a 1878.[3]

Entrou a formar parte da Academia de Ciencias Francesa en 1856 en substitución de Jacques Binet, e pasou a presidila en 1890. Foi nomeado grande oficial da Lexión de Honra e recibiu a gran cruz da Estrela polar de Suecia.

Casou coa irmá do matemático Joseph Bertrand, e foi sogro do matemático Émile Picard e do enxeñeiro Georges Forestier.

A maior parte das súas obras foron recompiladas e publicadas despois da súa morte por Émile Picard. A súa correspondencia con Stieltjes publicouse en 1903.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

Honras[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Linehan 1910.
  2. Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-369-1. 
  3. O'Connor & Robertson 2001.
  4. "Centro Charles Hermite". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 16 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]