Anxos García Fonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnxos García Fonte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndocente , política , guionista , filoloxía , xornalista Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

María dos Anxos García Fonte, nada en Pontedeume en 1964, é unha activista cultural, docente e filóloga galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciña da Pena de Irís (Cabanas), estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago e doutorouse en Filoloxía na Universidade da Coruña coa tese A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX (2011), dirixida por Francisco Salinas Portugal.[1] É profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Breamo en Pontedeume. Traballou como guionista e dobradora, participou en colectivos como o Ateneo Eumés Fernán Martíns e foi a encargada da sección de Cultura e Sociedade no desaparecido Xornal de Galicia.

Ten colaborado en Nós Diario[2], Follas novas: Revista de estudos rosalianos, Eduga: Revista galega do ensino, Abriu: Estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal, Andaina: Revista do Movemento Feminista Galego, A Trabe de ouro: Publicación galega de pensamento crítico, Grial: Revista galega de cultura,[3] Viceversa: revista galega de traducción e lg3.[4]

Política do BNG[editar | editar a fonte]

Foi a cabeza de lista do BNG en Cabanas nas eleccións municipais de 1995, e concelleira entre 1995 e 1999. Volveu ser candidata en 2019.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Obra colectiva[editar | editar a fonte]

  • Actas Congreso Castelao. Tomo II: (Santiago de Compostela, 24-29 novembro 1986) (1989). Ed. liit. Justo G. Beramendi e Ramón Villares Paz. ISBN 84-7191-569-3. Páxs. 81-104: "Aspectos fonéticos e morfolóxicos na obra de Castelao".
  • Novas achegas ao estudo da cultura galega: enfoques literarios e socio-históricos (2009). Coord. por Olivia Rodríguez-González, Laura Mariño Sánchez. ISBN 978-84-9749-347-5. Páxs. 263-290: "Aproximación ao campo literario galego a través dos catálogos de Biblos, clube de lectores".
  • Estudos galego-brasileiros 4: lingua, literatura, identidade (2010). Coord. por Maria do Amparo Tavares Maleval, Laura Tato Fontaíña. ISBN 978-84-9749-394-9. Páxs. 183-210: "Trasalba ou Violeta e o militar morto: a desconstrución do mito a través da complexa alquimia do patriarcado".

Cinema[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. García Fonte, María dos Anxos (2011). "A construción da identidade de xénero na narrativa galega da segunda metade do século XX" (en castelán). Universidade da Coruña. 
  2. Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2024-05-01. 
  3. "María dos Anxos García Fonte". Dialnet (en castelán). Consultado o 2024-05-01. 
  4. "As sombras do noso espello". aelg.gal/centro-documentacion. Consultado o 1 de maio de 2024. 
  5. Cabanas, Bloque Nacionalista Galego de (2023-04-08). "06. Anxos García Fonte". Bloque Nacionalista Galego de Cabanas. Consultado o 2024-05-01. 
  6. Diario, Nós (2022-09-28). "Anxos García Fonte: "Que ten Jean Austen que non teña Rosalía? Un traballo audiovisual que chegou a todo o mundo"". Nós Diario. Consultado o 2022-09-28.