Saltar ao contido

Antígona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edipo e Antígona de Antoni Brodowski, 1828.

Antígona, na mitoloxía grega, era filla de Edipo e Iocasta (modelo do amor filial), e irmá de Ismene, Eteocles e Polinices.

Acompañou o seu pai Edipo, rei de Tebas, no seu desterro e, tras a súa morte, regresou á cidade. Enterrou o cadáver do seu irmán, Polinices, a pesar da prohibición do tirano Creonte. Como castigo foi condenada a ser enterrada viva.

O mito foi levado a escena por Sófocles na traxedia Antígona, estreada no 442 a. C.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre mitoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.