Alfonso de Cal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1877 Ferrol, España |
Morte | 9 de novembro de 1937 (59/60 anos) Ferrol, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Manuel de Cal |
Alfonso de Cal Fernández, nado en Ferrol cara a 1877 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1937, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel de Cal. Foi fiscal de Ferrol (1913) e presidente do Comité romanonista ferrolán (1915). Colaborou en Diario Ferrolano, Estudios Gallegos, El Noroeste e Acción Coruñesa e dirixiu El Correo Gallego en 1913.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi tenente de alcalde de Ferrol. Na Segunda República foi alcalde de Valdoviño de forma alterna en 1931, 1932 e 1934. Cambiou a Casa Consistorial de Pazos a Lanzós. Foi presidente de Unión Republicana de Ferrol e dirixiu o semanario Renovación en 1936. Tamén colaborou en El Pueblo Gallego. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por rebelión con José Eiroa Mosquera, sendo condenado á pena de morte. Foi executado na Punta do Martelo do Arsenal o 9 de novembro de 1937.
Predecesor: Antonio Dopico González |
Alcalde de Valdoviño 1931 - 1934 |
Sucesor: Emilio Rodríguez Varela |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Ferrol con Mª Asunción Iribarne Garay en 1906.[2]