-27
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Acontecementos
- 16 de xaneiro - O Senado romano outorga a Octavio o título de Augusto.
- Augusto chega a Hispania, a finais deste ano, para dirixir a guerra contra cántabros e astures, estebelecendo o seu acampamento, noa no seguinte, en Segisama (Sasamón, Burgos).
- Na Península Ibérica, a província Ulterior é dividida en dúas, Bética e Lusitania, ficando delimitadas polo rio Guadiana. Hispania fica dividida en tres provincias, pois a Citerior - Tarraconense é a terceira.
[editar] Nacementos
- Ai, emperador da dinastía Han chinesa (m. -1).
[editar] Mortes
- Marco Terencio Varrón, polígrafo romano, bibliotecario de César (n. -116).
- Cornelio Nepote, biógrafo romano (n. -100).
[editar] Outros
- Segundo Estrabón, un tremor de terra destrúe o templo de Amenofis III e fende as estatuas coñecidas con o nome de colosos de Memnón.

