W. E. B. Du Bois
William Edward Burghardt Du Bois, ás veces chamado Web Dubois, nado en Great Barrington (Massachusetts) o 23 de febreiro de 1868 e finado en Ghana o 27 de agosto de 1963, foi un afroamericano de orixe haitiana que loitou polo recoñecemento dos dereitos cívicos dos negros nos Estados Unidos. Foi tamén editor e poeta. Pertenceu á francmasonería.
Foi laureado co Premio internacional da paz (outorgado polo Consello mundial da paz) en 1952 e co Premio Lenin da paz en 1959.
Mocidade[editar | editar a fonte]
Era fillo de Alfred e Mary Dubois. Estudou na Fisk University de Nashville (Tennessee), e logo en Harvard a partir de 1888. Foi o primeiro negro norteamericano graduado cun doutoramento en Filosofía por Harvard en 1895.
Madurez[editar | editar a fonte]
Despois dos seus estudos en Harvard e en Berlín, publicou unha das primeiras obras sociolóxicas americanas: The Philadelphia Negro (O negro de Filadelfia). Ensina na Universidade de Atlanta e publica en 1903 o ensaio The Souls of Black Folk. Foi tamén autor de varias novelas, das que destaca The Dark Princess (A Princesa Negra).
En 1909, participou na creación da NAACP, e dirixiu o seu xornal, The Crisis.
A partir dos anos 1940, mostra unha simpatía crecente polas teses comunistas. En 1961, con 93 anos, afilíase oficialmente ao Partido comunista dos USA. Logo emigrou a Ghana, da que recibiu a nacionalidade, e onde faleceu en 1963.
- Sociólogos dos Estados Unidos de América
- Activistas afroamericanos
- Escritores en lingua inglesa
- Activistas polos dereitos humanos dos Estados Unidos de América
- Nados no condado de Berkshire, Massachusetts
- Nados en 1868
- Finados en 1963
- Estadounidenses de ascendencia francesa
- Estadounidenses de ascendencia neerlandesa
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Alumnos da Universidade Humboldt de Berlín
- Premio Lenin da Paz