Santiago Castroviejo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de agosto de 1946 Tirán, España |
Morte | 30 de setembro de 2009 (63 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Ocupación | botánico , coleccionista de plantas |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Castrov. |
Familia | |
Fillos | Santiago Castroviejo-Fisher |
Pai | Xosé María Castroviejo |
Irmáns | José María Castroviejo Bolíbar |
Premios | |
Santiago Castroviejo Bolíbar, nado en Tirán (Moaña) en agosto de 1946 e finado en Madrid o 30 de setembro de 2009, foi un botánico galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Xosé María Castroviejo e María Francisca Bolívar Sequeiros, e irmán da historiadora María Francisca Castroviejo, doutorouse en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid en 1972. Foi profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Real Jardín Botánico de Madrid entre 1984 e 1994. Investigador principal do Proxecto Flora Ibérica, investigador principal tamén do Proxecto ANTHOS, un sistema de información sobre as plantas de España.
Dirixiu 19 teses doutorais e foi autor de máis de 150 traballos de investigación publicados en revistas científicas nacionais e internacionais.
Distincións[editar | editar a fonte]
Por outra banda, foi Presidente da Real Sociedade Española de Historia Natural, Académico de Número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e Medaille du Conseill de la Société Botanique de Francia, entre outras importantes distincións científicas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Santiago Castroviejo". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Proxecto Flora Ibérica (en castelán)
- Proxecto Anthos Arquivado 30 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)