Paula Carballeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Paula Carballeira Cabana»)
Infotaula de personaPaula Carballeira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Maniños, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Bitraga: 2798 AELG: 547

Paula Carballeira Cabana, nada en Maniños (Fene) o 7 de setembro de 1972, é unha escritora, intérprete e realizadora de contacontos e actriz galega.

En 2023, foi Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte, pola obra As alumnas[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde moi nova mostrou interese pola literatura e o teatro. Estudou Filoloxía hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, cidade onde se trasladou no ano 1989.

Comezou a traballar como narradora oral nos anos 90. Participou en festivais de narración oral tanto a nivel nacional como internacional como Portugal, Polonia, Francia, Colombia, Brasil, Perú, Cabo Verde, entre outros.[4]Realiza tamén a súa actividade en bibliotecas e centros de ensino e formación.[5]

A meirande parte dos contos proveñen da tradición oral galega, engade a súa experiencia ou opinión persoal. As veces adapta relatos de Maupassant a Mia Couto, escritores que para ela teñen amplo coñecemento da transmisión oral.[6]

Escribe relatos infantís e xuvenís, ademais de poesía, ensaio e teatro. Moitos dos seus libros estás traducidos a varias linguas. As temáticas que trata abranguen o misterio, a relación entre a vida e a morte e os medos, onde as mulleres teñen un papel protagonista e sempre con sentido de humor e tenrura.[6]Reivindica a palabra como algo terapéutico e necesario para saír do fastío e a soidade.[4]

Pertence á compañía de teatro Berrobambán dende 1996.Como actriz participou en varias series e programas na Televisión de Galicia. Para Carballeira a dramaturxia e a tradición oral "comparten a intención de poñer diante dos nosos ollos unha ficción, unha verdade sobre a existencia, sobre os seres humanos", salientando a importancia do uso das dúas linguaxes para comunicarnos, comprendernos e acompañarnos.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • A percura (Edicións do Cumio, 1990)
  • Robin e a boa xente (Edebé-Rodeira, 1993). Foi traducida ao castelán.[7]
  • Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima (Edebé-Rodeira, 1996). Foi traducida ao castelán.[8]
  • Mateo (Kalandraka, 1999). Foi traducida ao castelán,[9] ao catalán[10] e ao éuscaro.[11]
  • Olo-iepu-iepu (Galaxia, 1999)
  • Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico (Edicións Xerais, 1999)
  • Paco (Kalandraka, 2001). Foi traducida ao castelán,[12] ao catalán,[13] ao éuscaro,[14] ao portugués,[15] ao inglés[16] e ao italiano.[17]
  • Correo urxente (Edebé-Rodeira, 2002). Foi traducida ao castelán[18] e tamén publicada en braille.[19]
  • O ganso pardo (Edelvives, 2002). Foi traducida ao castelán.[20]
  • A era de Lázaro (Galaxia, 2004)
  • Smara (Kalandraka, 2006). Foi traducida ao castelán,[21] ao éuscaro[22] e ao portugués.[23]
  • A casa redonda (Baía, 2008)
  • O lobishome de Candeán (Galaxia, 2009)
  • As outras historias (Galaxia, 2011)
  • Casas (Tambre, 2012)
  • O principio (Kalandraka, 2012). Foi traducida ao castelán,[24] ao catalán,[25] ao éuscaro,[26] ao portugués,[27] ao inglés[28] e ao italiano.[29]
  • A burra Ramona (Baía, 2013)
  • Chímpate, Pepa! (Triqueta Verde, 2013). Foi traducida ao castelán[30] e ao inglés.[31]
  • Bruxa e familia (Oqueleo, 2017)
  • Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño (Triqueta verde, 2018)
  • A tartaruga Amodovou (Oqueleo, 2019)
  • Carabela (2020). Galaxia. Ilustracións de Abi Castillo. 140 páxs. ISBN 978-84-9151-451-0.
  • Pan con chocolate. A merenda de Gianni (2021). Vigo: Xerais, col. Merlín. Ilustracións Xiana Teimoy. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-909-5. ePub: ISBN 978-84-9121-921-7.
  • Trece avisos. Contos para ler pola noite (2022). Vigo: Xerais, col. Sopa de libros. Ilustracións de Iria Fafián. 144 páxs. ISBN 978-84-1110-122-6. ePub: ISBN 978-84-1110-127-1. Traducida ao castelán pola propia autora.[32]
  • Daniel no peirao (2023). Vigo: Galaxia. 126 páxs. ISBN 978-84-1176-003-4. Ilustracións de Eli García.
  • Wombo Combo (2024). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-1110-458-6. Teatro. ePub: ISBN 978-84-1110-465-4.[33]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Boas noites (Xerais/Xunta de Galicia, 2007)
  • Alicia & Alicia (Edicións Morgante, 2010)
  • Pressing catch (Positivas, 2010)
  • A folla máis alta (Versión dramática do poemario Contatrás, 2012)
  • O refugallo (Xerais, 2013). Premio Manuel María 2011
  • Doppelgänger (Ed. Positivas, 2018)
  • Somos os monstros (2019). Xerais, Biblioteca Dramática Galega.
  • As alumnas (2022). Vigo: Galaxia. 100 páxs. ISBN 978-84-9151-798-6. Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura e Deporte.
  • Ubasute (2024). Vigo: Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-1176-194-9.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Contatrás (Positivas, 2006)
  • Contatrás, II-I (Positivas, 2012)
  • Nunca mascotas (Ed. Galaxia, 2016)
  • Hai quen escolle os camiños máis longos (Ed. Positivas, 2018). Foi traducida ao portugués[34] e ao italiano.[35]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Ninguén está só (Tris Tram, 2001)
  • Longa lingua (Xerais, 2002)
  • Postais do Camiño (Galaxia, 2004)
  • O libro dos Reis Magos (Xunta de Galicia, 2012)
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (A. C. Caldeirón, 2013)
  • Xabarín 18 (EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia, 2013)
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (libro electrónico, 2015)
  • Arrincando marcos 2019 (Positivas, 2019)
  • Manuel Antonio e mais nós. Homenaxe a Manuel Antonio (Hércules ediciones, 2019)
  • Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[36]

Premios[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. EFE (1 de setembro de 2023). "La dramaturga gallega Paula Carballeira Cabana gana el Premio Nacional de Literatura Dramática". elpais.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  2. "Paula Carballeira Cabana, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 1 de setembro de 2023. Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  3. Redacción (1 de setembro de 2023). "Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023". nosdiario.gal. Consultado o 24 de outubro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Paula Carballeira: “La palabra es fundamental para compartir los miedos”". bibliotecainsular.grancanaria.com (en castelán). Consultado o 2024-04-01. 
  5. "Paula Carballeira - Maratón de los Cuentos". www.maratondeloscuentos.org. Consultado o 2024-04-01. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Zanetti, Francesc (2024-02-22). "Paula Carballeira: «Nos perfeccionamos a medida que contamos, al experimentar éxitos y fracasos»". Canarias7 (en castelán). Consultado o 2024-04-01. 
  7. "Robin y la buena gente". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  8. "Historia de amores y de viajes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  9. "Mateo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  10. "El Mateu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  11. "Matteo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  12. "Paco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  13. "En Cesc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  14. "Patxiku". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  15. "Xico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  16. "Paco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  17. "Beppe". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  18. "Correo urgente". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  19. "Correo urgente (edición en braille)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  20. "El ganso pardo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  21. "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  22. "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  23. "Smara". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  24. "El principio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  25. "Començar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  26. "Hasiera". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  27. "O princípio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  28. "The Beginning". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  29. "L'inizio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  30. "¡Lánzate, Pepa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-29. 
  31. "Jump, Pepa, Jump!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-30. 
  32. "13 avisos. Cuentos para leer por la noche". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-24. 
  33. "Wombo Combo - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-01-11. 
  34. Taquelim, Cristina; Cusati, Paula. "Há quem escolha os caminhos mais longos". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-10-24. 
  35. Piccardi, Alice; Formoso, Tono. "C´e chi preferisce i sentieri più lunghi". bibliotraducion.uvigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-24. 
  36. "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10. 
  37. Diario, Nós (2023-09-01). "Paula Carballeira trae á Galiza o terceiro Premio Nacional de Literatura Dramática". Nós Diario. Consultado o 2023-09-01. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]