José Sarmiento Valladares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1643 Saxamonde |
Morte | 10 de setembro de 1708 (65 anos) Madrid |
Vicerrei de Nova España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Lingua | Lingua castelá |
Outro | |
Título | Duque |
José Sarmiento de Valladares, primeiro duque de Atrisco,[1] bautizado o 4 de maio de 1643 en San Román de Saxamonde, Redondela, e finado o 10 de setembro de 1708 en Madrid, foi vicerrei de Nova España.[2] Era fillo de Gregorio Sarmiento de Valladares e Juana Sarmiento y Niño de Castro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi o segundo fillo de Gregorio Sarmiento de Valladares e a súa curmá Juana Sarmiento; e sobriño de Diego Sarmiento de Valladares, bispo e inquisidor xeneral.[3] O seu irmán máis vello, Luis Sarmiento de Valladares, foi o primeiro marques de Valladares.
Casou entre 1688 e 1689 cunha cuarta neta do gobernante azteca Moctezuma, Jerónima María de Moctezuma, III condesa de Moctezuma de Tultengo († novembro de 1692), coa que tivo dúas fillas, Fausta Dominga († 1697) e Melchora Juana († 1717), sucesivas condesas de Moctezuma, que non tiveron descendencia. Despois de enviuvar, casou en segundas nupcias, en xaneiro de 1694 en Madrid, con María Andrea de Guzmán e Dávila († 1709), filla dos Marqueses de Astorga, coa que tivo unha filla, Bernarda Dominica Sarmiento de Valladares e Guzmán († 1752), que casou dúas veces e non tivo descendencia.
Designado vicerrei en decembro de 1696, tomou posesión do cargo en febreiro de 1697. Ese mesmo ano concedeu permiso oficial aos xesuítas Juan María de Salvatierra e Eusebio Francisco Kino, para emprender novas actividades misioneiras e de exploración territorial da Baixa California.[4] Autorizou o consumo de pulque polos indíxenas.
Foi o derradeiro vicerrei que serviu á Casa de Austria. En 1702 participou na Batalla de Rande.[5] En decreto de 17 de novembro de 1704, recollido en Real Despacho de 17 de abril de 1708,[6] Filipe V outorgoulle o título de duque de Atrisco, con Grandeza de España de primeira clase.[7][8]
Predecesor: Juan de Ortega y Montañés |
Vicerrei de Nova España decembro de 1696 - novembro de 1701 |
Sucesor: Juan de Ortega y Montañés |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Por el Excelentissimo Señor Don Joseph Sarmiento de Valladares, Duque, y Señor de Atrisco… 1707. Universidade Complutense de Madrid.
- ↑ "Sarmiento de Valladares, José". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ "Valladares, Marquesado de" Arquivado 18 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. Xenealoxía.org. 29/5/2066.
- ↑ Ortuño Martínez, Manuel. "Sarmiento de Valladares, José (1643-1708)" Enciclopedia Universal Micronet (DVD).
- ↑ "Sarmiento de Valladares, Xosé". Enciclopedia Galega Universal 55. Ir Indo. 1999-2002. p. 211. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ "Real Despacho de Filipe V, de 17/4/1708 (páxinas 161-163)". Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 22/01/2017.
- ↑ Alonso-Cadenas López, A. (1984) Títulos nobiliarios con Grandeza de España concedidos en Indias
- ↑ "Duque de Atrisco" Grandes de España (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Sarmiento Valladares |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Sarmiento de Valladares, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal 15. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 22–23. ISBN 84-7680-429-6.
- Barreiro Fernández, X. R.: "Os Moctezuma e Galicia (I). Sarmiento de Valladares, Conde de Moctezuma, Vicerrei de Nova España (1696-1701)", Estudios Migratorios, n.º 3 (1997), pp. 35–63.
- Barreiro Fernández, X. R.: "Os Moctezuma e Galicia (II). Orixe e evolución do Condado de Moctezuma", Estudios Migratorios, n.º 4 (1997), pp. 9–39.
- González López, Emilio (1973). El águila caída: Galicia en los reinados de Felipe IV y Carlos II (en castelán). Editorial Galaxia.
- Taboada y Leal, N (1840). Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo (en castelán). Santiago: Compañél. p. 209.
- Vázquez-Gómez, Juana (1997). Dictionary of Mexican Rulers, 1325–1997 (en inglés). Greenwood Press. p. 35. ISBN 0-313-30049-6.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biblioteca Francisco Xavier Clavigero UIA (en castelán).
- Migueles, Juan: "Anecdotario redondelán"Arquivado 02 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.