Lofoten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illas Lofoten»)
Paisaxe escarpada típica das Lofoten.

As Lofoten son un arquipélago formado por unhas 80 illas que abranguen un espazo duns 175 km de norte a sur, dentro do círculo ártico[1] situadas preto da costa noroeste de Noruega, da que as separa o estreito de Vestfjord. O arquipélago componse de illas rochosas separadas entre elas por estreitos en xeral de pouca amplitude. A altura máxima sobre o nivel do mar e de 1.161 metros. A súa superficie total é de 1,227 km², e a poboación de 24.500 persoas, ocupadas principalmente nos sectores pesqueiro e gandeiro.

Situación das illas Lofoten

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas Lofoten espállanse entre os 67 e 68 graos norte. Entre a illa de Fiskebøl, ao norte, e a de Å, ao sur, hai 168 km de distancia. As illas principais son, de norte a sur::

Illadas e situadas ó sur desta última atópanse as illas de Værøy e Røst, de menor tamaño. As illas setentrionais teñen extensións de herba relativamente importantes, pero as paisaxes vanse facendo máis escarpadas canto máis ó sur, adoptando as illas meridionais o aspecto de montañas dentro do mar, con só unha reducida área costeira habitable..

Mapa das Lofoten e Vesterålen

Clima[editar | editar a fonte]

Malia a súa situación preto do Ártico o arquipélago ten un microclima suave, en particular durante o verán, causado polas moitas horas de sol e, sobre todo, pola corrente do Golfo, que converxe con dúas correntes submariñas, a corrente Nor Atlántica e a corrente Norueguesa.[1] As Lofoten están situadas nun dos puntos máis exotérmicos desta corrente submarina transatlántica e están ademais bordeadas por 3 das súas conco gallas principais. Entre xuño e agosto as temperaturas máximas poden pasar dos 25°, con medias de 20°. Nesa época do ano a temperatura do mar non adoita baixar dos 20°.

A falta de sol contrarresta de xeito máis eficaz o resto do ano os efectos da corrente mariña cálida, polo que as illas teñen temperaturas semellantes ás das zonas polares, con puntas de - 35 °C en febreiro.

Vista panorámica do fiorde Bas.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros vestixios de presenza humana remóntanse a hai 6000 anos cando as illas estaban ocupadas por poboacións que vivían da caza de mamíferos terrestres e focas e a pesca de peixes e baleas. Hai uns 4 000 anos, comezaron os cultivos de cereais. A illa de Vestvågøy tivo importancia na civilización viquinga. A partir do século XII as illas adquiriron importancia grazas ó comercio do bacallau seco, que era exportado a toda Europa. Nesa época as illas dependían da cidade norueguesa de Berguen. Membro da Liga Hanseática. A pesca recibiu un novo pulo a partir de 1860, por causa dos inmensos bancos de arenques que viñan pasa-lo inverno nas augas cálidas da corrente do Golfo. As capturas das Lofoten chegarán a representar o 80% do total das exportacións de Noruega.

Economía[editar | editar a fonte]

A pesca do bacallau é aínda a principal actividade das illas. Cada inverno, pesqueiros de todo o norte de Noruega concéntrase nelas, o que fixo necesario o regulamento estrito das capturas. A agricultura e a gandería son minoritarias pero producen excedentes dabondo para permitir a exportación de carne e produtos lácteos. O turismo é, sobre todo durante o verán, unha fonte de ingresos considerable.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Earth from Space: Lofoten, Norway". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-12. 

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]