Bernard Kettlewell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Henry Bernard Davis Kettlewell»)
Infotaula de personaHenry Bernard Kettlewell
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Howden, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de maio de 1979 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSteeple Barton (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónCharterhouse School (en) Traducir
Gonville and Caius College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina e entomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , entomólogo , zoólogo , lepidopterólogo , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHospital de St Bartholomew (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios


Henry Bernard Davis Kettlewell (24 de febreiro de 1907 – 11 de maio de 1979)[1] foi un xenetista, lepidopterista e médico británico, que realizou investigacións sobre a influencia do melanismo industrial na coloración da avelaíña Biston betularia, mostrando por que as avelaíñas son máis escuras en áreas contaminadas. Este experimento é citado como unha demostración clásica da selección natural en acción.[2] Despois da gravación en vídeo en vivo do experimento con Niko Tinbergen, o xenetista Sewall Wright calificou este estudo como "o caso máis claro no cal se observou realmente un proceso evolutivo patente."[3]

Primeiras etapas da súa vida[editar | editar a fonte]

Kettlewell naceu en Howden, Yorkshire, e educouse na Charterhouse School. En 1926 estudou medicina e zooloxía no Gonville and Caius College, Cambridge. En 1929 empezou o adestramento clínico no Hospital de St. Bartholomew de Londres, despois en 1935 traballou nunha consulta de medicina xeral en Cranleigh, Surrey. Tamén traballou como anestesista no Hospital St. Luke de Guildford. Durante a segunda guerra mundial, desde 1939 a 1945, traballou para os servizos médicos de emerxencia de ambulancias no hospital de guerra de Woking.[4]

Emigrou a Suráfrica en 1949 e desde entón ata 1954 foi investigador do Centro Internacional de Control de Lagostas na Universidade de Cidade do Cabo, investigando métodos para o control das pragas de lagostas e facendo expedicións ao deserto do Kalahari, ao bosque de Knysna, ao Congo Belga e a Mozambique.[4]

En 1952 foi nomeado Membro investigador da Nuffield no Departamento de Xenética do Departamento de Zooloxía da Universidade de Oxford. Ata 1954 repartiu o seu tempo entre Suráfrica e Oxford, despois conseguiu o posto de Oficial principal de investigación do Departamento de Xenética e pasou o resto da súa carreira en Oxford como investigador en xenética.[4] Asignóuselle a tarefa de investigar a evolución de Biston betularia baixo a supervisión de E. B. Ford.[1]

Experimentos con Biston betularia[editar | editar a fonte]

típica
melánica
Biston betularia, nas súas formas típica e melánica

A súa bolsa de investigación era para estudar o melanismo industrial en xeral e máis en particular o da avelaíña Biston betularia, que xa fora estudada por William Bateson na década de 1890. As investigacións de Kettlewell en tres estudos entre 1952 e 1972 parecían mostrar un padrón estático cunha alta frecuencia do fenotipo de cor escura carbonaria en rexións industriais e contaminadas, mentres que a forma de cor clara typica era a máis común en áreas máis rurais e limpas. No primeiro dos experimentos de Ketlewell liberáronse avelaíñas nun aviario para observar como reaccionaban os paxaros insectívoros. Demostrou que os paxaros comían as avelaíñas, e atopou que se a camuflaxe das avelaíñas facía difícil que os paxaros as visen sobre un fondo que era de cor semellante ao delas, as aves tiñan dificultade en atopar as avelaíñas.[5] Máis coñecidos son os experimentos que fixo despois nos que liberaba e despois recapturaba avelaíñas marcadas en bosques contaminados de Birmingham, e en bosques non contaminados rurais en Deanend Wood, Dorset, Inglaterra.[6] Demostrou experimentalmente a eficiencia da selección natural como forza evolutiva: as avelaíñas de cores claras son máis visibles que as escuras nas áreas industriais sucias, onde a vexetación é escurecida pola polución e desaparecen as liques dos troncos das árbores, e son máis fáciles de depredar polas aves, pero son menos visibles en áreas rurais non contaminadas, onde a vexetación é máis clara e crecen os liques nas árbores, e alí sobreviven mellor á depredación. O seu experimento significou poder entender mellor o melanismo industrial e os seus efectos sobre a evolución das especies, e pode considerarse un importante exemplo de evolución urbana.[7][8]

Críticas[editar | editar a fonte]

J.B.S. Haldane tiña a opinión de que Kettlewell intentara capitalizar as súas propias observacións (de Haldane), feitas en 1924, da probabilidade estatística da taxa de cambio das formas claras ás melánicas da B. betularia. En 1961, Haldane e a súa estudante graduada (e posteriormente esposa) Helen Spurway dixeron ao lepidopterista canadense Gary Botting que eles cuestionaban os datos de Kettlewell, xa que se aproximaban moi "finamente" aos cálculos estatísticos de 1924 de Haldane. Botting e Haldane nese momento compartían a opinión de que estaba actuando algún mecanismo xenético distinto da predación das aves.[9][10] Porén, ver tamén Laurence & Cook (2020)[11] para unha reestimación das opinións de Haldane.

A principal crítica aduciuna Theodore David Sargent, profesor de zooloxía da Universidade de Massachusetts en Amherst. El informou que durante o período 1965–1969 intentou realizar un experimento similar e atopou que as aves non tiñan preferencia polas avelaíñas nin sobre troncos escuros nin claros.[12][13] Sargent sospeitaba que Kettlewell adestrara os paxaros para capturar as avelaíñas nos troncos das árbores, onde normalmente non están presentes.[3]

O libro Of Moths and Men[editar | editar a fonte]

Outras críticas ao traballo de investigación de Kettlewell sobre a B. betularia viñeron de Judith Hooper no seu libro de 2002 Of Moths and Men (De avelaíñas e homes),[14][15] no cal ela afirmaba que as notas de campo de Kettlewell nunca puideron atoparse e que os seus experimentos eran fraudes, reiterando as alegacións de Sargent de que as fotografías experimentais estaban amañadas ao colocar avelaíñas mortas nun tronco. Acusou a Ford de ser un fanático do darwinismo que se aproveitou da servidume de Kettlewell[16] e criticou os científicos en xeral por seren crédulos e teren unha aceptación nesgada da evolución.[17]

Unha revisión feita en EMBO Reports describe o libro como un "estimulante reconto de Hooper das vidas públicas e privadas dun teimudo e poderoso grupo de evolucionistas, que contribuíron a este vergoñento episodio no estudo da evolución."[18] O libro foi tamén moi citado por creacionistas.[19] Porén, as diversas alegacións de Hooper foron refutadas pola comunidade científica:[20][21][22] David W Rudge resumiu o asunto dicindo "ningún dos argumentos de Hooper resiste un coidadoso escrutinio"[23] e que todas "estas acusacións carcen de base e derivan dunha mala comprensión fundamental da natureza da ciencia como un proceso."[24]

Posteriores investigacións que reivindicaron o traballo de Kettlewell[editar | editar a fonte]

Os experimentos de Kettlewell foron reivindicados por unha elaborada investigación posterior,[25] e establecéronse os detalles xenéticos do proceso evolutivo.[26][27][28]

Michael Majerus levou a cabo amplos experimentos, estudando as avelaíñas na natureza, para reexaminar os descubrimentos dos experimentos de Kettlewell á luz das cuestións que se suscitaron despois. O seu traballo, publicado postumamente en 2012, proporcionou novos datos que respondían ás críticas e validaban a metodoloxía de Kettlewell. As súas análises reafirmaban a conclusión de Kettlewell de que a selección diferencial feita polos paxaros usando a vista para atopar as presas era unha explicación suficiente para os cambios observados no melanismo e que isto demostraba a efectividade da selección natural como forza evolutiva.[25]

Morte[editar | editar a fonte]

Debido ao seu intenso traballo de campo, Kettlewell sufría de bronquite, pneumonía, pleuresía e arrefriados, xunto con problemas cardíacos. Sufriu unha caída dun bidueiro en 1978 cando estaba a ralizar unha recolección de campo e fracturou dúas vértebras. Nunca se recuperou da lesión. Morreu o 11 de maio de 1979, segundo se dixo dunha sobredose accidental dun analxésico.[1][29][30]

Premios e honras[editar | editar a fonte]

  • Medalla Darwin (USSR) en 1959[4]
  • Medalla Mendel (Checoslovaquia) en 1965
  • Membro oficial do Iffley College (posteriormente Wolfson College) en 1965
  • Membro Emérito electo do Wolfson College 1974

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Raeburn, Paul (25 de agosto de 2002). "The Moth That Failed". The New York Times. Consultado o 28 de novembro de 2014. 
  2. Rudge, David W. (2005). "The Beauty of Kettlewell's Classic Experimental Demonstration of Natural Selection". BioScience 55 (4): 369–375. doi:10.1641/0006-3568(2005)055[0369:TBOKCE]2.0.CO;2. 
  3. 3,0 3,1 Rice, Stanley A. (2007). Encyclopedia of Evolution. Nova York: Facts On File. p. 308. ISBN 978-1-4381-1005-9. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Biographical Data on Henry Bernard Davis Kettlewell – Wolfson College". Consultado o 10 de setembro de 2007. 
  5. Prof. Laurence Cook (2003). "The Peppered Moth". The Melanic Peppered Moth, Seminar to Post Grad Students. Manchester Metropolitan University. Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2007. Consultado o 10 de setembro de 2007. 
  6. "The theory of natural selection (part 1)". Blackwell Publishing. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 12 de xullo de 2007. 
  7. Bender, Eric (21 de marzo de 2022). "Urban evolution: How species adapt to survive in cities". Knowable Magazine (Annual Reviews). doi:10.1146/knowable-031822-1. Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  8. Diamond, Sarah E.; Martin, Ryan A. (2 de novembro de 2021). "Evolution in Cities". Annual Review of Ecology, Evolution, and Systematics (en inglés) 52 (1): 519–540. ISSN 1543-592X. doi:10.1146/annurev-ecolsys-012021-021402. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  9. "Preface," in Heather and Gary Botting,The Orwellian World of Jehovah's Witnesses (Toronto: University of Toronto Press, 1984
  10. Tihemme Gagnon, "Introduction," Streaking! The Collected Poems of Gary Botting (Miami: Strategic, 2013
  11. Laurence M. Cook and John R.G. Turner, "Fifty percent and all that: what Haldane actually said," Biological Journal of the Linnean Society, https://academic.oup.com/biolinnean/issue/129/3 2020, 129, 765–771
  12. Sargent, TD (1968). "Cryptic moths: effects on background selections of painting the circumocular scales.". Science 159 (3810): 100–1. Bibcode:1968Sci...159..100S. PMID 5634373. doi:10.1126/science.159.3810.100. 
  13. Sargent, T. D. (1969). "Background Selections of the Pale and Melanic Forms of the Cryptic Moth, Phigalia titea (Cramer)". Nature 222 (5193): 585–586. Bibcode:1969Natur.222..585S. doi:10.1038/222585b0. 
  14. Hooper, Judith (2002). Of Moths and Men : Intrigue, Tragedy & the Peppered Moth. New York: Norton. ISBN 978-0-393-32525-6. 
  15. Kenney, Michael (22 de outubro de 2002). "Of dark moths, men and evolution". Chicago Tribune. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  16. "Of Moths and Men". W. W. Norton & Company, Inc. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  17. Smith, Peter D (11 de maio de 2002). "Of Moths and Men: Intrigue, Tragedy & the Peppered Moth". The Guardian. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  18. Dover, Gabby (2003). "Mothbusters". EMBO Reports 4 (3): 235. PMC 1315906. doi:10.1038/sj.embor.embor778. 
  19. "Of moths and men". The Independent. 4 de setembro de 2003. Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  20. Cook, LM (2003). "The rise and fall of the Carbonaria form of the peppered moth.". The Quarterly Review of Biology 78 (4): 399–417. PMID 14737825. doi:10.1086/378925. 
  21. Grant B. S. (2002). "Sour grapes of wrath". Science 297 (5583): 940–941. doi:10.1126/science.1073593. 
  22. Majerus, Michael E.N. (2005). "The peppered moth: decline of a Darwinian disciple". En Fellowes, Mark; Holloway, Graham; Rolf, Jens. Insect Evolutionary Ecology. Wallingford, Oxon: CABI Publishing. pp. 375–377. ISBN 978-1-84593-140-7. 
  23. Rudge, D. W. (2005). "Did Kettlewell commit fraud? Re-examining the evidence" (PDF). Public Understanding of Science 14 (3): 249–268. PMID 16240545. doi:10.1177/0963662505052890. 
  24. Rudge, David W. (2006). "Myths about moths: a study in contrasts". Endeavour 30 (1): 19–23. PMID 16549216. doi:10.1016/j.endeavour.2006.01.005. 
  25. 25,0 25,1 Cook, L. M.; Grant, B. S.; Saccheri, I. J.; Mallet, J. (2012). "Selective bird predation on the peppered moth: the last experiment of Michael Majerus" (PDF). Biology Letters 8 (4): 609–612. PMC 3391436. PMID 22319093. doi:10.1098/rsbl.2011.1136. 
  26. van't Hof, A. E.; Edmonds, N.; Dalikova, M.; Marec, F.; Saccheri, I. J. (2011). "Industrial Melanism in British Peppered Moths Has a Singular and Recent Mutational Origin". Science 332 (6032): 958–960. Bibcode:2011Sci...332..958V. PMID 21493823. doi:10.1126/science.1203043. 
  27. Cook, L M; Saccheri, I J (2012). "The peppered moth and industrial melanism: evolution of a natural selection case study". Heredity 110 (3): 207–212. PMC 3668657. PMID 23211788. doi:10.1038/hdy.2012.92. 
  28. Van't Hof, A E; Nguyen, P; Dalíková, M; Edmonds, N; Marec, F; Saccheri, I J (2012). "Linkage map of the peppered moth, Biston betularia (Lepidoptera, Geometridae): a model of industrial melanism". Heredity 110 (3): 283–295. PMC 3668655. PMID 23211790. doi:10.1038/hdy.2012.84. 
  29. Hooper, Judith (2002). Of Moths and Men : Intrigue, Tragedy & the Peppered Moth. Nova York: Norton. ISBN 978-0-393-32525-6
  30. Kettlewell, Henry Bernard Davis. Dictionary of Scientific Biography vol. 17, suppl. II, pp. 469–471 de J.R.G. Turner