Áreas lingüísticas do galego: Diferenzas entre revisións
m Reemplazos con Replacer: «astur-leonés» |
Etiquetas: Revertida Edición visual |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
|} |
|} |
||
==Exemplos de isoglosas na lingua galega== |
==Exemplos de isoglosas na lingua galega:== |
||
<gallery widths="140px" perrow="6"> |
<gallery widths="140px" perrow="6"> |
||
Ficheiro:Seseo idioma gallego.png|[[Seseo]] |
Ficheiro:Seseo idioma gallego.png|[[Seseo]] |
Revisión como estaba o 7 de maio de 2024 ás 15:04
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Atendendo á distribución xeográfica e á maneira de se combinaren os fenómenos diferenciadores das falas galegas, poden delimitarse tres grandes complexos lingüísticos ou bloques: occidental, central, e oriental. No interior destes bloques hai varias áreas, zonas lingüísticas de desigual extensión e unidade, delimitables coa isoglosa dun ou dous fenómenos caracterizadores. Esta división baséase fundamentalmente na fonética e mais na morfoloxía; no futuro a análise da distribución de áreas léxicas do ALGa axudará a precisala ou modificala.
Bloques
O bloque occidental e o oriental presentan moitos trazos comúns en tódolos seus falares, polo que ben se podería falar dunha macroárea atlántica ou occidental e dunha macroárea oriental. O bloque central, que en xeral é o que mellor representa o galego común, ocupa unha ampla zona xeográfica e presenta moi poucos fenómenos exclusivos. Máis ca dunha transición gradual de oriente a occidente e de conservadorismo a innovación -como se ten falado-, a realidade das variedades do galego pode representarse nunha dobre dirección: fenómenos innovadores que apagan a súa vitalidade cara ó leste e fenómenos conservadores que diminúen cara ó oeste. Dentro do bloque central pódense establecer áreas e subáreas pero, en xeral, carecen da unidade das dos outros bloques.
Bloque occidental
O bloque occidental está delimitado pola isoglosa cans/cas, nel quedan incluídas as falas occidentais da Coruña e de Pontevedra asemade tamén unha pequena porción do sueste da Provincia de Ourense na Baixa Limia. En liñas xerais é un complexo lingüístico innovador, diferenciado en tres áreas: fisterrá, bergantiñá e pontevedresa.
sa = subárea / misa = microsubárea |
Bloque central
O bloque central é menos unitario. Inclúe toda a Galicia Central, delimitada polas isoglosas cans/cas no oeste e cas/cais no leste. Pertencen a el tódolos falares do nordés e interior da Coruña, o interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, non sendo a súa parte oriental. No seu seo distínguense dúas áreas: mindoniense e lucu-auriense.
sa = subárea / misa = microsubárea |
Bloque oriental
O bloque oriental comprende todo o galego do leste de Lugo e de Ourense, así coma o galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora). En xeral é un complexo de falas moi conservadoras, separado do bloque central pola isoglosa cas/cais e do complexo asturleonés pola ausencia de ditongación (pèdra / piedra). Nel poden distinguirse catro áreas: asturiana, ancaresa, zamorana e oriental-central.
sa = subárea / misa = microsubárea |
Exemplos de isoglosas na lingua galega:
-
ti-tu
-
el-il
-
isto-esto
-
ons-os-ois
-
cantabamos-cantábamos
-
cantades-ás-ais-andes
-
colleu-colliu
-
colliches-eches-estes
-
partiu-parteu
-
irmán-irmá-irmao
-
mazán-mazá
-
llo-llelo
-
moito-uito-uto-utio
-
catro-cuatro
-
ver-mirar
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Áreas lingüísticas do galego |
Ligazóns externas
- A nosa fala, bloques e áreas lingüísticas do galego.
- Áreas lexicais galegas e portuguesas. Proposta de Cintra aplicada ó galego.
- Álvarez Blanco, Rosario (2003). Variedade e diversidade da lingua: algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar. Real Academia Galega.
- Mapa de variedades xeográficas interactivo feito por Xano Cebreiro.