Quique Costas
- Para ver outras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente.
Quique Costas | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Enrique Álvarez Costas | ||
Nacemento | 16 de xaneiro de 1947 | ||
Lugar de nacemento | Vigo | ||
Altura | 179 centímetros | ||
Posición | defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Celta de Vigo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1965–1971 | Celta de Vigo | 171 | (11) |
1971–1980 | Barcelona | 170 | (3) |
Total | 341 | (14) | |
Selección nacional | |||
1965–1967 | España afeccionados | 5 | (1) |
1970–1975 | España | 13 | (0) |
Adestrador | |||
1987–1989 | Barcelona C | ||
1989–1996 | Barcelona B | ||
2001–2003 | Barcelona B | ||
2005–2007 | Barcelona B | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Enrique Álvarez Costas, chamado Quique Costas, nado en Vigo o 16 de xaneiro de 1947 é un ex xogador de fútbol e adestrador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comeza a xogar no equipo de afeccionados do Sociedade Deportiva Amanecer do Grove, logo pasa ás categorías inferiores do Celta de Vigo e en 1965, con 18 anos, debuta en segunda división co Celta. Estando neste equipo debuta na selección española de fútbol nun encontro o 11 de febreiro de 1970 contra a Alemaña do Leste, e tamén con el ascende a primeira división. En abril de 1971 ficha polo FC Barcelona, onde xogará nove temporadas, ata 1980.
Cando se retira adestrou o equipo filial do FC Barcelona B en diversas ocasións, a última ata 2007[1].
Palmarés[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
- Barcelona
- Primeira División (1): 1973/74.
- Copa do Rei (2): 1970/71 e 1977/78.
- Recopa de Europa (1): 1978/79.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
- Barcelona B
- Segunda División B (2): 1990/91, 2001/02.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É pai dos tamén xogadores Quique Álvarez Sanjuán e Óscar Álvarez Sanjuán.
Notas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1947
- Nados en Vigo
- Futbolistas de Vigo
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do FC Barcelona B