Wikipedia:Como rexistrarse
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Facerse usuario na Wikipedia é gratis, non recibes publicidade e non estás suxeito a ningún tipo de compromiso. Na Galipedia recomendamos que te rexistres, aínda que non é obrigatorio, para así coñecernos mellor entre nós e poder axudarnos mellor, ademais só podes votar nas votacións se es un usuario rexistrado.
Para rexistrarte na Galipedia busca a icona de "Rexistro" que se amosa na parte superior dereita da páxina e preme nel.
Aparecerá un cadro de diálogo onde debes introducir o teu nome de usuario, o teu contrasinal e o teu correo electrónico; sendo este último un dato opcional (non é obrigatorio). O nome de usuario que escollas non ten por que ser o teu nome real, pode ser un nick ou alcume. Ten coidado de non dar o teu contrasinal á xente, a non ser que sexan de confianza, xa que poden apropiarse do teu usuario e facer vandalismo no teu nome.
Introduce os teus datos e preme en "Crear unha conta nova" e xa serás un usuario máis na Galipedia. Para conectarte como usuario só tes que escribir o teu nome de usuario e a túa clave, marcar a casilla de "Lembrar a miña clave entre sesións" (opcional) e darlle ao botón "Rexistrarse".
Unha vez que esteas rexistrado podes acceder á túa páxina de usuario (Usuario:Nome_usuario) facendo clic no teu nome na parte superior da páxina. Podes editala da mesma forma que o resto das páxinas da Wikipedia.
Algunhas persoas colocan nela algúns datos personais do usuario.
- Nota: se escribes o teu correo electrónico non poñas @ para evitar aos programas rastreadores de enderezos para spam. Podes poñer algo substitutivo, por exemplo: Usuario/arroba/correo.net.
Da mesma forma tamén podes ter unha páxina propia de conversa (Conversa Usuario:Nome_usuario). Na páxina de conversa de usuario é onde os demais usuarios acostuman deixarche mensaxes cando queren contactar contigo: esta páxina avisarate automaticamente cada vez que teñas novas mensaxes. Para escribir nela, ou noutras páxinas de conversa de usuario non tes máis ca editalas como unha páxina normal.
Se queres que cando escribas o teu nome de usuario apareza unha ligazón directa á túa páxina de conversa escribe: [[Usuario:Nome_usuario|Usuario]]<sup>[[Conversa Usuario:Nome_usuario|(talk)]]</sup> nas túas preferencias.
Quizais queiras saber como definir as túas preferencias de usuario.
Para deixar de estar conectado e saír ao anonimato tes que premer na icona de "saír a anónimo" que atoparás na parte superior á dereita.
|
|

