Wangechi Mutu

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Wangechi Mutu (1972, Nairobi, Kenia) é unha artista que vive e traballa en Nova York. Mudouse a Nova Iorque nos anos noventa para estudar Antropoloxía e Artes na Cooper Union (BFA, 1996) e na Universidade de Yale (MFA, 2000).

A obra pictórica de Wangechi Mutu ten como tema central a pintura ou as colaxes de figuras femininas a partir da mistura de debuxos e fotografías de mulleres idealizadas das revistas de moda. O resultado son figuras retorcidas, contorsionadas de xeito grotesco e atormentado para trata-lo tema da marxinación por causas do sexo e da raza nun mundo global que, no fondo, mantén actualizada a violencia e a destrucción dos periodos previos da historia.

A obra de Mutu foi exposta en galerías e museos de todo o mundo (San Francisco Museum of Modern Art, Miami Art Museum, Tate Modern de London, Kunstpalast Düsseldorf en Alemaña e o Centre Pompidou de París).

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais