Victorino Gutiérrez
(Redirección desde «Victorino Gutiérrez Aller»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Victorino Gutiérrez Aller 3 de abril de 1937 (87 anos) Lalín, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | notario , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Victorino Gutiérrez Aller, nado en Lalín o 3 de abril de 1937,[1] é un notario e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do avogado Román Gutiérrez Rodríguez e sobriño de Ramón María Aller. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Fíxose notario en 1969. Empezou a súa carreira profesional en Forcarei, e despois pasou por Celanova e Arzúa; dende 1983 foi notario de Lalín ata a súa xubilación en abril de 2007.
Foi socio fundador da Asociación Cultural Deza. Desde 1984 é membro da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística. Foi membro da Comisión Redactora da Lei do Dereito Civil de Galicia.
Obras[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Réxime económico-familiar e sucesorio na Lei de dereito civil de Galicia, 1997.
- Formulario notarial, 1998.
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Acta de vítimas, 2016.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Contos da xustiza, 1992.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio San Martiño de normalización lingüística (1993)
- Premio Lois Peña Novo (1998)[2]
- Foi nomeado Fillo ilustre de Lalín en 2016.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 52. ISBN 978-84-96368-00-2.