Pulmonaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A pulmonaria ou herba dos bofes (Pulmonaria officinalis) é unha planta herbácea perenne da familia das boraxináceas, de follas pecioladas e flores en acios. Atópase nos claros dos bosques, nas zonas avesías. Utilízase en forma de infusión para o tratamento da tose, bronquite e dores de gorxa e afonía, ademais ten poder antiinflamatorio xa que contén salicina.

