Luís Amado Carballo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Luís Amado Carballo naceu na cidade de Pontevedra, no ano 1901. Cursou estudos de Filosofía e Letras, mais non os rematou, aínda que esta formación lle permitiría posteriormente exercer de mestre de escola, traballo que compaxinou co xornalismo. Coñecido fundamentalmente como poeta e vangarda e fundador do hilozoísmo, a paisaxe e a ría da súa cidade natal marcarán a súa produción poética.
Índice |
[editar] Vida
En 1920 trasládase a Madrid coa idea de dedicarse ao xornalismo, cousa que só consegue parcialmente. Leva unha vida bohemia e asiste a algunhas tertulias literarias. De volta en Pontevedra, en 1922 fundou xunto con Xoán Vidal Martínez a revista Alborada. En 1924, despois de exercer de mestre con carácter interino, ingresou como redactor de La Concordia en Vigo e despois en El Pueblo Gallego.
Morreu en Pontevedra en 1927, aos vinte e sete anos, a consecuencia da tuberculose. Aínda así, a súa aceptación lírica foi tal no seu tempo, que mesmo chegou a crear unha corrente poética, o hilozoísmo.
[editar] Obra
[editar] Prosística
- Maliaxe (Pontevedra, 1922)
- Os pobres de Deus (Lar, 1925)
[editar] Poética
- Proel (Pontevedra, 1927)
- O Galo (1928, publicación póstuma)
[editar] Recompilacións
[editar] Principais características da súa poesía
Pese a ser tamén autor en prosa, Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrécenos unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas (octosílabo). O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, da cal a grande protagonista é a paisaxe, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos, tecendo os poemas con metáforas.

