Etioloxía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este artigo vai ser movido ao Galizionario.
Esta páxina está proposta para movela ao Galizionario. A razón é que o seu contido se reduce a ser unha definición de dicionario.

Se pensa que a páxina pode converterse nun artigo enciclopédico, máis que nunha definición do dicionario, por favor, fágao e logo retire esta mensaxe.
En caso contrario, pode axudar configurándoa segundo as regras do Galizionario antes de que se produza o traslado.

  1. Estudo das orixes dalgún síntoma ou circunstancia: así existe unha etioloxía médica que busca as causas da enfermidade, o lugar do contaxio, o medio ou o transmisor para poder realizar unha diagnose ou diagnóstico, un tratamento epidemiolóxico ou un estudo sintomático.
  2. Hai tamén unha etioloxía mitolóxica que recrea as causas de que o mundo estea construído tal como está: por que a bubela ten a aparencia dun guerreiro con copete, e o bico coma unha lanza; por que a flor do narciso se comba cara abaixo; ou por que as plantas dos canavais botan ruído cando zoa o vento. Isto é a expresión dunha relación profunda do ser humano co que o rodea e un resto do pensamento animista dos primeiros tempos: a imaxinación inventa un relato para explicar a forma do mundo que o rodea. No mundo tradicional galego tamén existe unha cosmogonía de argumentación etiolóxica.
  3. sinónimo:ontoloxía
Ferramentas persoais