Esteva

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Esteva
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Cistaceae
Xénero: Cistus
Nome científico
Cistus ladanifer
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A esteva (Cistus ladanifer ou ladaniferus) é unha especie de planta con flor da familia das Cistaceae. É nativa do Occidente da Rexión Mediterránea, onde crece brava desde o Sur da Francia a Portugal e no Noroeste de África.
Na Galiza é unha planta que cubre estensas áreas nas zonas de influencia climática mediterránea, como p.ex. o val de Quiroga, a comarca de Valdeorras ou Viana do Bolo.

É unha mata que medra de 1 a 2,5 m de alto e ancho. A follas son perennes, lanceoladas, de 3 a 10 cm de longo e 1 a 2 cm de largo, de cor verde escura no envés e verde pálido no revés. As flores acadan entre 5 e 8 cm de diámetro, con 5 pétalas brancas con aspecto de papel, correntemente teñen unha mancha, entre vermella e castaña, na base, arrodeando o estame amarelo e os pistilos. Toda a planta está cuberta dunha exudación pegañenta e fragante resina.
O froito é tipo cápsula, con moitas sementes, sendo estas con endosperma fariñoso ou semicartilaginoso.

[editar] Usos

E unha popular planta ornamental en Gran Bretaña e os Estados Unidos de América, cultivada pola súa recendente resina e follaxe e fermosas flores. As follas producen unha fragante oleoresina coñecida como láudano, usada en perfumes, nomeadamente como fixante.

[editar] Notas

Outras especies próximas de cistáceas, son tamén estevas, cfr. o portugués esteva que engloba o Cistus ladaniferus, o Cistus hirsutus e o Cistus psilosepalus.

Ferramentas persoais