Conxo, Santiago de Compostela

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Conxo
Concello: Santiago de Compostela
Poboación: 580 hab.
Superficie: ? km2
Densidade: n/d
Altitude: n/d
Entidade(s): 3

Santa María de Conxo é unha parroquia que se localiza no concello de Santiago de Compostela. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 580 habitantes (296 mulleres e 284 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando contaba con 576 habitantes.

Nel se atopa o Castelo da Rocha Forte, cunhas datas de ocupación entre 1240 e 1467, e que formaba parte do complexo defensivo de Santiago, ata que foi destruido pola revolta Irmandiña.

Nesta parroquia de Santiago encontrase a Igrexa da Nosa Señora da Merced de Conxo, así como o Hospital Psiquiatrico de Santiago de Compostela.

Índice

[editar] Historia

Xa na prehistoria móstranse indicios existencia de poboación en Conxo, pero aséntase como nucleo poboacional sobre o século X, ó redor do Mosteiro no que actualmente está situado o Hospital psiquiátrico. En 1835 constitúese como concello independente -comprendendo as parroquias de Conxo, Laraño, Villestro, Figueiras, O Eixo, Aríns, Bando, Marrozos- ata 1925, momento no que se anexiona ó concello de Santiago de Compostela.

En 1837 nace en Cornes a escritora Rosalía de Castro.

Un acto importante na historia de Conxo é o chamado Banquete de Conxo, que tivo lugar en 1856 con Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre á cabeza.

En 1873 sale da estación de Cornes, en Conxo, o primeiro ferrocarril de Galicia, con destino Carril. Esto supuxo un paso importante para o Concello de Conxo. Foi nesta época tamén cando se crea o primeiro Manicomio de Galicia nas instalacións do antigo mosteiro.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Lugares da parroquia de Conxo

Lugares da parroquia de Conxo no concello de Santiago de Compostela

Conxo de Abaixo | Conxo de Arriba | A Curuxeira | A Fervenza | O Monte do Seixo | A Nogueira | Pai da Cana | A Ponte da Rocha | A Ponte Pereda | O Porto | A Poza Real | O Rial | A Rocha Vella | Torrente | A Volta do Castro


[editar] Parroquias de Santiago de Compostela

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Santiago de Compostela

Aríns (San Martiño) | Bando (Santa Eulalia) | A Barciela (Santo André) | Busto (San Pedro) | O Carballal (San Xulián) | O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima) | Cesar (Santa María) | Conxo (Santa María) | O Eixo (San Cristovo) | A Enfesta (San Cristovo) | Fecha (San Xoán) | Figueiras (Santa María) | Grixoa (Santa María) | Laraño (San Martiño) | Marantes (San Vicente) | Marrozos (Santa María) | Nemenzo (Santa Cristina) | A Peregrina (Santa María) | Sabugueira (San Paio) | San Caetano (Santiago) | San Lázaro (Santiago) | San Paio (Santiago) | Santa Cristina de Fecha (Santa Cristina) | Santiago de Compostela | Sar (Santa María) | Verdía (Santa Mariña) | Vidán (Divino Salvador) | Villestro (Santa María) | Vista Alegre (San Xoán)

Ferramentas persoais
Outras linguas