Alcázar de Toledo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Alcázar de Toledo é unha fortificación sobre rochas, situada na parte máis alta da cidade de Toledo, España, dominando toda a cidade.
No século III foi un pazo romano. Foi restaurado durante o mandato de Afonso VI e Afonso X e modificado en 1535, baixo o mandato de Carlos I de España e V de Alemaña, que utilizou o Alcázar en múltiples ocasións como residencia Oficial dos Reis de España.
A mediados do século XIX o Ministerio da Gobernación, durante o reinado de Isabel II, instalou na torre sueste un mecanismo telegráfico para recibir e enviar mensaxes codificados desde Madrid ata Cádiz; era a torre telegráfica nº 10 da Liña de Andalucía, creada polo Brigadier Mathé. Os postos desta liña de torres de telegrafía óptica estiveron nalgunhas poboacións como Aranxuez, Toledo, Consuegra, Cidade Real, Puertollano e Fuencaliente; na parte andaluza atravesaba entre outros lugares como Cardeña, Montoro, Córdoba capital, Carmona, Sevilla capital, Las Cabezas de San Juan, Xerez da Fronteira, Cádiz capital e San Fernando. O seu funcionamento como telégrafo óptico foi breve, desde 1848 ata 1857.
Durante a Guerra civil foi utilizado polo entón coronel José Moscardó como punto defensivo e de resistencia das tropas rebeldes, e destruído casi totalmente polas tropas afíns á Segunda República Española durante o asedio que durou 70 días do 22 de xullo ao 28 de setembro de 1936. Posteriormente foi reedificado e actualmente acubilla a Biblioteca de Castela-A Mancha e albergará o Museo do Exército. Para maior información ver o artigo Asedio do Alcázar.
[editar] Bibliografía
- Sánchez Ruiz, Carlos, La Telegrafía Óptica en Andalucía, Consellería de Obras Públicas e Transportes, Xunta de Andalucía, Sevilla, 2006.
- Sánchez Ruiz, Carlos, "Las torres telegráficas de Toledo y Ciudad Real", Revista Castillos de España, nº 148 de decembro 2007.

