Afonso IX

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Afonso VIII.

Afonso IX (Zamora, 1171- Sarria, 1230), rei de León e Galicia (rex Legionensivos et Gallecie) entre os anos 1188 e 1230. Segundo a numeración cronolóxica real da coroa leonesa, debería ser coñecido como Afonso VIII de León, pero a súa denominación co ordinal IX é a utilizada máis habitualmente para distinguilo do seu homónimo e coetáneo de Castela que reinou entre 1158-1214.

Fillo de Fernando II e da princesa Urraca de Portugal. Enfrontouse á súa madrasta e ao seu medio irmán pola coroa de León. Para facer máis forte o seu dereito ao trono convoca a Curia Rexia e recibe o apoio do clero, os nobres e as autoridades. Foron as primeiras Cortes xa que participaron de xeito pioneiro os representantes das cidades.

En 1218 funda, xunto co seu fillo, a Universidade de Salamanca.

Celebrou a solemne consagración da catedral de Santiago de Compostela, o 20 de abril de 1211, que aínda se conmemora hoxe en día.

Continuou o pulo aos burgos concedendo foros a cidades como Baiona, A Coruña, O Burgo de Castro Caldelas,Betanzos, Melide Triacastela e outros lugares

Os seus dous "estratéxicos" matrimonios (coa súa prima Teresa de Portugal en 1196 e coa súa sobriña Berenguela de Castela en 1204) foron anulados polo Papa debido á consanguinidade coas súas esposas.

Tras romper con Berenguela céntrase na rivalidade do seu reino co de Castela. En 1217 a súa exesposa abdica sobre o fillo de ambos, Fernando III o Santo, polo que este se traslada xunto á súa nai a gobernar o reino castelán. É entón cando se centra en combater os musulmáns. As súas conquistas máis importantes son en Estremadura: Cáceres (1229), Mérida e Badaxoz (1230).

Á súa morte, acontecida en 1230, deixa o seu reino a Sancha e Doce, fillas do seu primeiro matrimonio, pero finalmente é Fernando III o Santo, fillo do seu matrimonio con Berenguela, o que reina en León e o une con Castela definitivamente nunha soa coroa.

Reino de Galiza

Segue a:
Fernando II
Afonso IX
Precede a:
Fernando III
Borgoña
Reino de León

Segue a:
Fernando II
Afonso IX
Precede a:
Fernando III
Borgoña
Ferramentas persoais